Juan Carlos Abraldes Rendo naceu en Barcelona en 1971.
FORMACIÓN
Diplomado en Artes Aplicadas pola Escola de Artes Mestre Mateo (Santiago de Compostela).
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Traballou en diversos...
Pérez Cerviño, Ana
General
Ana Pérez Cerviño naceu o 5 de xaneiro de 1986 en Vigo (Pontevedra). Desenvolve o seu campo de traballo en varios sectores: no deseño gráfico (investigando actualmente na creación web), a arte (ampliando o seu mundo no arte dixital e a fusión do arte coa publicidade), o vídeo-arte, a ilustración e a literatura. Comezou a súa andadura artística hai cinco anos aproximadamente cando empezou a realizar os seus estudios de Arte e obradoiros literarios xunto aos seus estudios regulamentarios. Realiza varias exposicións de arte e vídeo creacións, entre elas a de colaboración na derradeira Feira de Arte Contemporánea de Vigo xunto a "La Bañera con Trampolín" e a súa exposición “Utopía”, que realizou en marzo no Punto Xove de Vigo. É artista profesional nomeada polo Aicoa e membro (socia) da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) Actualmente, continúa especializándose no seu medio, o deseño; segue escribindo, continúa co seu proxecto do Obradoiro de Poesía Visual, prepara a revista e proxecto cultural The DreamMaker (O creador de soños) e as súas colaboracións artísticas no medio visual e artístico.