Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.
Becada pola School of Drawing and Painting, Heriot Watt University (Edimburgo).
Finaliza os Estudos de doutorado pola Universidade Complutense de Madrid. Tema de investigación: “Ediciones ilustradas del...
de Prada, Juan Miguel
General
Juan Miguel de Prada, naceu en Segovia en 1950.
Iníciase moi novo na pintura, dando os premeiros pasos co seu pai. Con nove anos asiste a clases de debuxo de estatua, na Escola de Artes e Oficios de Segovia. Ós catorce anos, iníciase na escultura e traballa con soldadura eléctrica e autóxena. Ós quince anos descobre a acuarela dos pintores segovianos, Unturbe, Heredero e irmáns Román. Ós dezaoito anos traballa co bronce, metal e aluminio para os pintores Váquero Turcios e Váquero Palacios.
En 1969, é seleccionado en Segovia (pintores de menos de 21 anos) e os seus cadros asisten en Málaga ó certame nacional.
En 1971 traslada a súa residencia a Lugo por motivos profesionais.
En 1973 expón por primeira vez individualmente en Lugo.
En 1974 é pensionado pola Diputación da Coruña no Pazo de Mariñán.
En 1975 asiste ás clases do escultor Rodrigo Porral. Coñece ó mestre López Guntín.
A partir de 1975 traballa o óleo, a acuarela e a escultura, realizando exposicións en Galicia e Castela.
Dende 1980 adícase casi exclusivamente á acuarela ata 1990.
A partir de 1990 adícase á investigación coa acuarela e técnicas mixtas.
En 1995 asiste ás clases do grabador madrileño Pablo Sáez.
En 1996 retoma a madeira mezclada con pintura, talla, así como madeiras superpostas. Volve ó óleo cunha constante na súa vida, os acantilados.
A partir de 1997 realiza exposicións en: Segovia, Burgos, León e Aranda de Duero.
En 1998 e 1999 realiza exposicións en: Segovia, Burgos, León e Aranda de Duero.
En 1998 e 1999 expón en Bilbao e Castro Urdiales (Santander).
Dende o 2000 ó 2001 traballa con augaforte, "huecograbado", acuarela, técnicas mixtas, acrílico e óleo.