Paco Ascón nace hai 61 anos en Barcelona, pero moi cedo trasládase á Galiza, onde na Coruña entra en contacto con grandes artistas galegos e, por riba de todo, coa maravillosa paisaxe gallega, que reflicte unha e outra vez nos seus lenzos e papeis dende 1974.
Neste ano comeza...
Quesada, Yayo
General
CURRÍCULUM
Alejandro Quesada Legido leva dende os 20 anos adicándose á pintura. Despois de pasar por Artes e Oficios, aprendeu as diferentes técnicas pictóricas de mans de pintores como os seus pais (Fernando Quesada e Ana Legido), e Antonio Quesada co que estivo uns meses no seu estudio e do que aprendeu que non era tan fácil poder pintar e gaña-la vida con iso.
Con moita curiosidade marchou ó sur a aprender outras técnicas, como a da súa irmá Marieta Quesada en Córdoba, que o acolleu no seu estudio por un período de casi un ano. Despois destas colaboracións de aprendiz-mestre instálase nun estudio en Córdoba combina o pintar con dar clases de pintura. Nun principio amósase reticente a expoñer pero, despois de pintar un mural de 6x20 metros en Ferrol co seu tío Jaime Quesada en medio dunha praza, decide facer a súa primeira exposición colectiva e quitarse ese medo a expoñer. Cambia o seu estudio a Granada onde sigue vivindo ós 29 anos.
EXPOSICIÓNS
Xullo 2003: Colectiva na Galería Dua Dos. Vigo
Decembro 2003: Colectiva nas Galerias Marga Prada (Ourense) e Dua Dos (Vigo).
Marzo 2004: Individual na Galería Dua Dos, Vigo.
Outubro 2004: Individual na Galería Marga Prada, Ourense.
Decembro 2004: Colectiva nas Galerias Marga Prada (Ourense), Dua Dos (Vigo), Trisquel e Medulio (Tuy) e Termes (Vigo).