Pasar al contenido principal

Max Fe

General

Categorías: 
Escultura

María Xosé Fernández Iglesias
Nome artístico: MAX FE

FORMACIÓN
Diplomada en profesorado de Educación Xeral Básica.
1989. Centro Dramático Galego, Francisco Nieva. “Escenografía”.
1998. Taller do Centro Galego de Arte Contemporánea, Tom Carr, “La idea y su representación”.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1985. Museo Arqueolóxico de Ourense
1986. Casa da Xuventude de Ourense

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1986. III Certame Galego de Pintura. Ourense
1988. Teatro Principal. Pontevedra
VIII Bienal Internacional de Pontevedra. Novos Valores.
1989. Sala de Arquitectos. Vigo
Bienal de Arte de Pontevedra. Novos Valores
1990. Casa da Parra. Santiago
Casa das Artes. Vigo
II Bienal de Artistas Galegas.
1992. Urxencias. Instalacións na Fábrica da Guía en Moaña.
2003. Flecha. Arturo Soria. Madrid.
2004. I Exposición de Ilustradores Galegos de Libros Infantís, Auditorio Municipal, Cangas.

ILUSTRACIÓN
Numerosos traballos de ilustración e cartelismo entre os que destacan:
Carátulas dos discos POO-LEN e OJOS MÁS QUE OJOS, ambos de Ciudad Jardín, para Hispavox e Fonomusic.

Como ilustradora de libros infantís:
. “Xiganos e Anantes” M. Antonio Pina. Edicións Xerais de Galicia.
. “Contos para rapaces pillabáns”. Jacques Prévert. Edicións Xerais de Galicia.
. “Ganapán da palabras”. Pepe Cáccamo. Kalandraka Editora. Traducido ó castelán como “A cazar palabras”. Este libro ten recibido críticas moi favorables en revistas especializadas como: CLIJ, Eidos do Libro, O pracer de ler…; tamén en prensa: El País, El Mundo, El Periódico…; reportaxes en Radio Nacional de España e TV2 nos programas “La aventura del saber” e entrevista no programa “Los libros.”
. “As cores do vento”. Catálogo e exposición colectiva itinerante. Xunta de Galicia.
. “Galicia Solidariedade”, Ilustradores & escritores, de Galicia para o mundo. Catálogo e exposición colectiva itinerante por Europa e América.
. “Caperucita Ilustrada” Exposición colectiva itinerante por España.

En colaboración con Carlos del Valle, deseña e realiza escenografías para os seguintes grupos: “Teatro estable” de Cangas, “Sarabela Teatro” de Ourense, “Teatro de Ningures” de Cangas, “Teatro Kaos” de Moaña, “Teatro do Morcego” de Cangas…
Deseño do esenario central da IV Edición do Festival Intercéltico do Morrazo.

CURSOS IMPARTIDOS
Cursos de Expresión Plástica para adultos:
1984. “IV Semana de Educación, Experiencias de Renovación Educativa de Galicia”. Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación.
1984. “Taller de Reciclaxe”. Escola de Educadores Especializados en Marxinación Social. A Coruña.
2003. “O desenvolvemento creativo, obradoiros, taller de ilustración”. Centro de Formación e Recursos de Cangas.
2003. “O desenvolvemento creativo, obradoiros, taller de ilustración”. Centro de Formación e Recursos de Vigo.
2004. “Elaboración de ilustracións e tratamento de imaxes” (Elaboración de ilustracións con medios informáticos). Centro de Formación e Recursos de Vigo.
2004. Talleres de pintura da terceira idade organizados polo Concello de Cangas.
Cursos de Expresión Plástica para nenos:
1984. Instituto de Formación Profesional Val Miñor, Nigrán.
1987-1988. Actividades organizadas dentro do Festival Intercéltico do Morrazo, Moaña.
1997. Participación en Campaña de animación á lectura en Moaña.

Críticas

Crítica

Entre las tendencias más recientes la escultura gallega se orienta hacia la creación individual, así como la liberalización deunos materiales que no sólo rompen toda tradición sino que son utilizados fuera de cualquier contexto formal. (...) Y en otro orden conceptual se situan la...

Galerías

Galería
  • Escultura