Maribel Cabana Insua naceu en Vilalba (Lugo). Posúe os títulos de Licenciada en Xeografía e Historia e de Maxisterio. Exerce a docencia en Lugo, Cangas de Narcea (Asturias), e, finalmente, dende os anos oitenta, en Ferrol, onde reside na actualidade. Simultanea os seus estudios co debuxo...
Regueiro, Mariña
General
Mariña Regueiro González-Barros naceu en Camariñas.
É licenciada en Filoloxía Inglesa e pioneira da ensinanza intensiva do Encaixe de Bolillos en España.
Asistía ás clases da Escola de Cerámica de Madrid cando, unha tarde, entrou por erro na aula do Seminario de Estudios do Encaixe.
Desde 1984, ven desenvolvendo a súa labor docente, e centos de homes e mulleres procedentes de tódolos puntos de España e de outros países europeos asisten ás clases de Mariña, que imparte en Casa Cruceiro, hostal de As Neves (Pontevedra).
O seu método directo, eficaz e moderno, está orientado a que os estudiantes obteñan a formación dunha base sólida que lles permita ser autosuficientes á hora de crear ou ensinar.
Ten impartido cursos en Asociacións culturais de Galicia e outras provincias españolas, así como en Camariñas, onde ensinou, blonda, debuxo, historia e clasificación dos encaixes.
Traballou con Amalia Vigo (Camariñas), Victorina Pietro (Almagro), Rosa Manschot (Bélxica), Iva Proskova (República Checa), Helene Schou (Dinamarca) e Lía Baumeister (Holanda).
É a primeira muller española en formar parte da "Asociación Internacional de Encaixeiras de Bolillo e Agulla".