Pasar al contenido principal

Lema Bouzas

General

Categorías: 
Escultura
Categorías: 
Pintura

Esperanza Lema Bouzas naceu o 13 de maio de 1943, na parroquia de Reis no Concello de Teo (A Coruña).

CURRÍCULUM
Realiza estudios de bacharelato no colexio das Trinitarias de Noia, onde asistiu a clases de debuxo e pintura. Cursa tamén estudios no Colexio San Pelaio de Santiago de Compostela e no Instituto de Rosalia de Castro da misma cidade, onde tivo como profesor de debuxo a Rodríguez Carballo.
Moi nova deixa toda actividade artística ata que vai vivir a Vigo, onde se matriculou na Universidade Popular (antiga Escola de Artes e Oficios Artísticos) na disciplina de talla en madeira. Volve a pintar e a traballar o óleo, cos impagables consellos do pintor Xavier Pousa Carrera.
1975. Tres cadros seus foron presentados na "VII Exposición de Pintura para Artistas non Profesionais", organizada na Coruña polo Centro de Iniciativas e Turismo, onde acadou a 3ª medalla co cadro tituado "Aldea".
1978. Seleccionada para participar no "I Concurso de Arte xoven Galego", que organiza en Vigo o Corte Inglés.
1979. Participa na "V Bienal Nacional de Arte de Pontevedra".
Primeira exposición individual na sala do Real Club Náutico de Vigo.
1980. Exposición no Centro Galego de Ponferrada (León).
1981. Participa no noveno ciclo de Plástica Galega, organizada pola Caixa de Aforros de Vigo.
Exposición individual na Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia en Santiago de Compostela.
Unha moi grave enfermedade apartouna da pintura por uns anos.
1988. Sala de Arte da Caixa de Aforros de Pontevedra.
1990. Sala de Exposicións da Caixa Postal, Santiago de Compostela.
Sala do Museo Valle Inclán da Poboa do Caramiñal.
Forma parte da I Bienal de Pintura José Luis Fernández, de Boiro.
1991. Centro Galego de Salamanca.
1992. Invitada por Montserrat Galleta de New York, para participar nunha exposición colectiva de oito artistas europeos.
1993. Exposición colectiva "I Mostra de Artes Plásticas" organizada pola Fundación Feiras e Congresos da Estrada.
Sala de Arte de Caixavigo. Vigo.
Sala de Arte Maë de Auga en Braga (Portugal)
De setembro de 1994, ata maio de 1995, exposición itinerante organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos
1995. Sala de Arte AENA de Barajas en Madrid.
1996. Exposición homenaxe ó seu sogro, no seu lugar de nacemento en Ferreira de Pantón (Lugo).
1997. Exposición no Centro Social de Padrón.
1998. Sala de Arte de Expo Salnés en Cambados e na Sala do Hotel Araguaney de Santiago de Compostela.
Dende 1998, unha doenza nos ollos lle impide seguir traballando na pintura, pero recupera a pasión pola talla non só en madeira senón tamén en pedra, sen esquecer o modelado en barro.
Actualmente empeza a pintar de novo, xa que operou un ollo e recuperou parte da visión.
Nunca utiliza o seu nome na firma dos seus traballos, só pon Lema Bouzas, ás veces na pedra, na madeira asina como Esperanza, e nos traballos de barrro como MEL (Mª. Esperanza Lema).

Críticas

Crítica

Un paseo por la nostalgia
La primera vez que Esperanza tuvo una conversación conmigo, lo hizo a través de su pintura. Tardé dos años en conocerla, alguno más en saber como era la mujer y hoy empiezo a intuir que vivencias se escondían detrás de aquellos cuadros que ya eran una...

Galerías

Galería
  • Pintura

Galería
  • Escultura