Pasar al contenido principal

Cano, Jesús

General

Categorías: 
Artesanía

Jesús Cano Serrano naceu o 17 de xuño de 1960, en Los Llanos (Ciudad Real)

CURRÍCULUM
É Profesor de EXB, na rama de Ciencias Sociais e Educador Social.
Ten cursos de Cerámica, Tapices e Papel Reciclado.
Dende 1995 traballa como Educador no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade, da Consellería de Vicepresidencia e Benestar Social, da Xunta de Galicia en Sarria (Lugo).
Anteriormente, traballou de Profesor de Adultos e Monitor de Manualidades.
Impartiu unha clase práctica de Instrumentos Tradicionais Galegos, no Campamento Xuvenil de A Devesa (Ribadeo), dependente da Consellería de Vicepresidencia, en Agosto do 2006.

EXPOSICIÓNS
Ten realizado exposicións con taller en vivo, en Rubián, Lugo (2005) e en Sarria, durante a Feira de Anticuarios do 2006.
Ten pendentes dúas exposicións, unha na Sala de Exposicións do Edificio Multiusos da Xunta en Lugo e outra con Abraham Cupeiro, na Casa da Cultura de Sarria.

OBRA
O seu obxectivo é rescatar do esquecemento e reproducir, o meirande número de instrumentos tradicionais esquecidos, preferentemente de Galicia, ainda que tamén do resto da península e do mundo. Para que non caigan no esquecemento e para amosar, que teñen un grande potencial musical e étnico, ademáis de que non son tan difíciles de construir, como nun principio, puidera parecer.
Hasta o momento, ten construídos 96 instrumentos tradicionais, dos que 66, son galegos. Ten catalogados 26 obxectos cotidianos instrumentalizados, e 14 instrumentos musicais, construídos con material de reciclaxe.

E-mail: Jkno@telefonica.net

Galerías

Galería
  • Artesanía