Pasar al contenido principal

Meda, Manuela

General

Categorías: 
Escultura

Manuela Meda naceu o 10 de xaneiro de 1946 en Rianxo (A Coruña) pero parte con toda a súa familia rumbo a Arxentina en 1950.

CURRÍCULUM
Pasa por diferentes talleres na busca de encamiña-la escultura autodidacta, dentro dos parámetros das técnicas.
As súas primeiras experiencias foron coa cerámica, elemento que na actualidade traballa no seu taller de ensino.
A partires de agosto de 1986 intégrase como cofundadora do Museo de Belas Artes "Claudio León Sempere" de Burzaco, distrito de Almirante Brown, lugar onde a docencia esta presente nun curso moi especial denominado "esperanza", ó que concorren mozos e adultos con diferentes capacidades. É o lugar onde comeza a súa actividade escultórica, que no transcurso dos anos lle permitiu expoñer individualmente en máis de 15 mostras y xa pasan do cento as compartidas.
A participación en diferentes salóns provinciais, municipais e particulares lle permitiron obter numerosos premios onde se destaca o premio provincial de Bos Aires no Municipio de Esteban Echeverría.
Existen obras súas en varias coleccións privadas, museos e en paseos públicos.
Ter un trozo de alabastro ou pedra sobre a mesa de traballo é como percorrer un camiño sinuoso da súa aldea do Barral.
1989-1994. Asistente Técnico Municipal en cerámica. Municipalidad de Alte. Brown.
1995. Mestra de cerámica na "Escuela Municipal de Educación Integral". Municipalidad de Alte. Brown.
1993-1994. Taller de cerámica Colexio Parroquial Inmaculada Concepción de Burzaco.
1993-1994-1995. Taller de cerámica Colexio San Lorenzo de Burzaco.
Mestra de cerámica no Museo Claudio León Sempere. Burzaco
Mestra de cerámica en taller para discapacitados.

PARTICIPACIÓN EN SALÓNS
1990. II Salón de Pequeño Formato, da Fundación Cultural Longchamps.
1990. IIV Salón de Arte Cerámico da SAAP Alte. Brown.
1991. IIII Salón do Sur de Cerámicas do Centro de Arte e Deseño Silvia Rodríguez.
1991. V Salón de Arte Cerámico da SAAP Alte Brown.
1991. V Salón de Pequeno Formato da SAAP Fcio. Varela.
1992. IIV Salón do Sur de Cerámicas da Galería de Arte e Deseño Innen.
1993. VII Salón de Pequeno Formato da SAAP Fcio. Varela.
1993. Salón de artes Plásticas Florencio Varela’93. Municipalidad de Florencio Varela.
1994. II Salón da muller e o seu protagonismo cultural. Secretaría de Cultura da Provincia de Bos Aires.
1995. III Salón da muller e o seu protagonismo cultural. Secretaría de Cultura da Provincia de Bos Aires.
1995. Salón Pequeno Formato SAAP/95. SAAP, Cap. Fed.
1996. IV Salón da muller e o seu protagonismo cultural. Secretaría de Cultura da Provincia de Bos Aires. Escultura.
1996. III Salón Encuentroarte.
1996. XII Salón Trienal “Florencio Molina Campos”. Museo Provincial de Belas Artes.
1996. V Salón Pequeno Formato da Biblioteca Nicolás Avellaneda.
1996. Bienal de Escultura Francisco Reyes.
1997. III Salón Provincial Edelap. Escultura.
1996. V Salón da muller e o seu protagonismo cultural. Secretaría de Cultura da Provincia de Bos Aires. Escultura
1998. Galería do Sur. Escultura
1998. Salón Pequeno Formato da Municipalidade de Vicente López. Escultura.
1999. VII Salón da muller e o seu protagonismo cultural. Secretaría de cultura da Provincia de Bos Aires. Escultura.
1999. III Concurso de Prevención de Vih-Sida. Alte Brown.
1999. Salón Avellaneda de Escultura. Escultura
2000. VIII Salón da Muller e o seu Protagonismo Cultural. Secretaria de cultura da Provincia de Bos Aires. Escultura
2000. Salón Leonense. Capital Federal.
2001. Salón de Arte Sacro. Mercosur Volpen Stassen. Gravado
2001. IX Salón de Gravado Regina Pascis. San Isidro. Gravado.
2001. Concurso Nacional de Proxectos Ecultoricos. Santa Fé.
2002. I Salón de Arte Sacro de San Isidro. San Isidro. Gravado
2002. VI Bienal de Escultura Francisco Reyes.
2003. IV Salón Club de Leones. Lomas de Zamora.
2004. Primeira xornada para directivos de EXB e docentes de Educación Artística do Sur. Almirante Brown.
2004. “Arte para la gente”. Casa municipal da cultura. Alte. Brown. 2004
2004. “Placas de Artistas” Arte público e participativo. Paso dos Libres. Corrientes.

PREMIOS E MENCIÓNS
1991. 3° Premio Sec. Cacharro no IV Salón de Pequeno Formato da saap Alte. Brown.
1992. Mención Especial outorgada polo público, no II Salón de Pintura e Escultura Vangardista da SAAP Fcio. Várela.
1993. 1° Premio Sec. Monocopia, no Salón de Pequeno Formato da Biblioteca Nicolás Avellaneda.
1993. Participación como xurado no VII Salón de Arte Cerámico da SAAP Alte. Brown.
1995. 2° Mención no II Salón de Pequeno Formato Encuentrarte’95. Fundación Andreani.
1996. 1° Mención. I Salón primavera de artes plásticas.
1996. 2° Premio. V Salón pequeno formato. Biblioteca Nicolás Avellaneda.
1998. Mención. Salón Centro Cultural "La Ochava". Banfield.
1998. 1° Premio. Salón Centro Cultural "La Ochava". Banfield.
1999. 1° Premio. Salón COAP. Esteban Echeverría.
1999. 2° Premio. Salón Centro Cultural "La Ochava". Banfield.
1999. 1° Mención Escultura. Salón Pequeño Formato de la Biblioteca Nicolás Avellaneda.
1999. 1° Mención. Poema. Salón de Cartas e Poesías da U.F.F.
2003. 3° Premio. Debuxo. Salón Municipalidade de Alte. Brown.
2003. 1° Premio. Salón Municipalidade de Alte. Brown.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1992. Saap, Alte.Brown. Adrogué.
1994. Asociación de Xubilados e Pensionados de Alte. Brown, Burzaco.
1995. “Somos del Museo”. Defensa, Taller de Arte. San Telmo, Cap. Fed.
1995. Asociación de Xubilados e Pensionados de Alte. Brown, Burzaco.
1996. III Encontro da Cultura Nacional. Municipalidade de alte. Brown.
1996. Exposición de Artistas do Museo en Florencio Várela. Municipalidade de Florencio Várela.
1996. Artistas do Museo no barrio de Flores.
1996. Delegación de Artistas Plásticos de Alte. Brown. Consulado Arxentino en Paysandú. Rep. Oriental do Uruguay.
2000. Edificio Histórico de Adrogue “La Cucaracha” . Esculturas.
2000. Mostra de cerre de temporada 2000. Casa da Cultura. Alte Brown.
2001. Semana da arte e a cultura en Burzaco. Escultura.
2002. Boulevard Shopping de Adrogué. Esculturas.
2003-04. Mostra Homenaxe á Muller na Casa da cultura. Adrogué.
2004. Centro Cultural Recoleta. Esculturas.
2004. Casa da Cultura xunto a Raquel Valverde. Municipalidade de Alte Brown.
2004. Mostra Itinerante de Artistas Arxentinos. “Evita un Escudo”.
2005. Mostra colectiva “Día internacional da muller” Carola Sarubbi. Alte Brown.

OBRAS EN MUSEOS
Museo a Ceo Aberto Nicófora Díaz de Menendez. Rawson, San Juan.
Museo de esculturas a Ceo Aberto Santa Rosa, La Pampa.
Museo da casa da Cultura da Terra de Melide. España.
Colexio Maior Arxentino. Madrid.
Praza Manuel Belgrano, Burzaco
Praza 25 de Maio, Rafael Calzada
Museo Municipal de Lalín (Pontevedra)

ASISTENCIA A CURSOS E CONGRESOS
1988. Xornada Taller. Museo Claudio León Sempere.
Participante do 1º Encontro do Patrimonio Cultural e Natural de conurbano Bonaerense. 1993. Organizado pola Dirección provincial de Museos, monumentos e sitios históricos e o Museo e Arquivo do Banco da Provincia de Bos Aires.
1993. Participante no III Encontro O Museo e a Escola. Organizado polo Museo e Arquivo do Banco da Provincia de Bos Aires.
1998. Taller de capacitación Nutricional.
2000-2001-2002. Curso de capacitación para dirixentes de entidades de ben público.
2003. Curso de Restauración Xeral. Instituto Universitario Nacional da Arte.
2004. Seminario “Adoctrinamiento político e estratexias electorales”. Instituto Nacional Juan Domingo Perón. 2004

Galerías

Galería
  • Escultura