Pasar al contenido principal

Santamarina, Hortensia

General

Categorías: 
Pintura

Hortensia Santamarina é educadora vocacional e de profesión, é lucense de adopción, chegando dende a veciña Asturias, para rematar Bacharelato e facer os estudos de Maxisterio.
Dende moi nova centrou en Lugo a súa vida persoal e profesional, gardando ambas terras na máis alta estima. Proba diso é que os seus primeiros óleos buscan capturar a riqueza natural das pertas terras de Pelayo e das costas que defendeu Breogán.
O seu carácter emotivo e alegre, o amor a súa familia, os seus miles de alumnos e amigos son só algunhas das luces que iluminan a súa arte; compartindo cos grandes aos que admira (Sorolla, Van Gogh, Matisse…), a cualidade de poñer a súa capacidade e ilusión por crear en todo o que fai.
Nesta páxina poderán disfrutar dalgunhas mostras da evolución artística dende a súa expresión impulsiva, ata a paz actual, manifestada a través de tranquilos paisaxes, intensos mares e insinuantes flores. Todas co denominador común de axudar ao espectador a viaxar a un estado de meditación e realidade.

FORMACIÓN
Curso de Expresión Plástica-Pintura (diversas técnicas) na Escola de Maxisterio.
Curso “A cor” na Escola de Maxisterio.
Curso formación permanente. Expresión Plástica; profesor D. José González.
Curso “Pola plástica á expresión corporal”
Curso práctico debuxo e pintura (Larousse)
Curso “Educación para unha lectura da imaxe”
Curso de técnicas de expresión gráfica I e II: “Deseño asistido por ordenador”
Curso “O deseño gráfico na E.S.O.”
Curso “Estudo das imaxes publicitarias. Sensacións-formas-cor. Plástica e visual”
Curso “A linguaxe da imaxe. Animación a lectura pola imaxe” para os cursos de primaria e primeiro ciclo da E.S.O.
Curso de debuxo (técnicas: o carboncillo, a sanguina).
Varios seminarios a nivel intercolexial.
Estudios de Debuxo e Pintura na Escola do Círculo das Artes de Lugo co pintor e profesor Xesús Blas Lourés.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
Círculo das Artes de Lugo nos anos 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008.

Galerías

Galería
  • Pintura