Rafael Morales chámase a sí mesmo Cachaldora pola linfa herdada da rama materna.
Nace en Ourense en 1973, dezanove anos despois atrapárono liñas e cores para berrar e contar un soño en historia.
En Estudio 34, na terra das Burgas, en 1990 degustou a idea de que os seus cadros...
Cubeiro, Suso
General
Jesús Blanco Cubeiro naceu en 1954 en A Coruña.
Ilustrador de natureza e libros infantís e xuvenís.
Ten ilustrado ó longo da súa traxectoria profesional máis de 50 obras entre as que destacan “El secreto del Bosque Viejo” (Gadir), “El espíritu del bosque” (Everest), “Diccionario de seres fantásticos” (Espasa), “La vuelta al mundo en 80 días” (Bruño) e “Larita” (Everest) da que é tamén autor do texto.
Como ilustrador de natureza cabe destacar os centros de visitantes da aula de natureza de Chelo (A Coruña), da aula de natureza de Moreda do Courel (Lugo) e da aula de natureza do río Miño (Ourense).
A súa obra pódese atopar tamén no Museo do mar do castelo de San Carlos de Fisterra, na lonxa turística de Fisterra, no castelo de Santa Cruz en Oleiros e no Museo do Mar de Rianxo.