Pasar al contenido principal

Champeney, Anna

General

Categorías: 
Artesanía

Anna Champeney naceu o 18 de xullo de 1969 en Norwich, Norfolk (Reino Unido).
Leva resindindo en España dende o ano 2000.
 
É membro do Online Guild of Weavers, Spinners and Dyers do Reino Unido e da Asociación de Creadores Textiles de Madrid. Anna Champeney Estudio Textil combina o deseño textil e a experimentación coa promoción e desenvolvemento do texido manual contemporáneo e tradicional galego a través de: a) o deseño e venda de texidos naturais de deseño propio b) cursos c) outras iniciativas formativas como o Turismo Creativo d) artigos publicados en España e o Reino Unido e o blog http://textilesnaturales.com/es e) proxectos de intercambio, o nivel nacional e internacional f) investigación etnográfica sobre o texido tradicional galego g) charlas e presentacións en powerpoint sobre o deseño textil e a súa fusión co texido galego tradicional. O Estudio Textil ten dous enfoques: o deseño de texidos orixinais e contemporáneos e a fusión do deseño co texido tradicional galego.
 
ACTIVIDADE TEXTIL
EXPOSICIÓNS
2010. Kaleidoscope. Expositora seleccionada. Exposición da Association of Guilds of Weavers, Spinners and Dyers. Museo de Mansfield, Reino Unido. 2007. Exposición de Texidos, Tutors, Summer School, Universidade de Falmouth, Reino Unido. 2006. Exposición (en grupo) xuntARTE. Organización e participación nunha exposición de 6 artesáns da Ribeira Sacra. Centro Comarcal, Castro Caldelas. 2006. Exposición de verán de Texidos e Cestería. Talleres de Artesanía, Cristosende. 2005. “Home”. Texidos e Cestería para a casa. Talleres de Artesanía, Cristosende. 2003. Inicios. Texidos e Cestería. Centro Comarcal, Pobra de Trives.
 
ENSINO, CURSOS IMPARTIDOS E MOSTRAS
2010. Varios cursos e ensino privado do texido manual e deseño textil impartidos dende o Estudio Textil. 2010. Curso de formación profesional con aprendiz do Reino Unido (texido, deseño textil, tintes naturais). 2010. Mostras de texido manual en vivo, promoción da marca Artesanía de Galicia para a Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño Xantar, Ourense. 2009. Docente na conferencia “Internet para Artesanos”, curso da Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño. 2009. Curso de iniciación: Tintes Naturais. 2009. Curso de formación profesional impartido a un aprendiz de Isla Mauricio (texido, deseño textil, tintes naturais). 2008. Curso de Felpa Galega impartida no Taller Textil a Eri Augoustidou, texedora profesional de Grecia. 2008. Curso de Tintes de Líques, impartido pola investigadora e tintoreira profesional inglesa Isabella Whitworth. 2007. Curso Intensivo de Felpa Galega, Universidade de Falmouth (Summer School), Reino Unido Summer School (Escola de Verán). 2007. Cursos de Tintes Naturais e Texido Artesanal Estudio Textil, Cristosende (A Teixeira). 2006. Curso de iniciación de Felpa Galega para turistas en Casa dos Artesans. 2002-04. Demonstracións do texido artesanal, Castro Caldelas.
 
PRENSA Y TELEVISIÓN
2010. 'La arqueóloga que salió del museo'. El Pais. 2009. 'Tecidos con Denominación de Orixe'. Obradoiro, Ministerio de Industria e Comercio. 2008. Puntas de Lanza: Artesanía para o Mundo. Entrevista con Anna Champeney Estudio Textil, por Tere Gradín. 2008. 'Galicia, Pais de Prodigios'. Televisión Galega. 2008. 'Los viejos oficios se ponen al día' por Tere Gradín. Faro de Vigo. 2008. Entrevista con Anna Champeney. Luns a Venres. 2008. 'Galicia por El Mundo'. Televisión Galega. 2008. Anna´s Weaving a New Life in an Old Way (Anna texe unha vida nova con un oficio antigo). Eastern Daily Press, Reino Unido. 2008. 'Cambia su vida en Londres por una aldea gallega para tejer felpa'. Correo Gallego. 2008. 'La inglesa Anna Champeney imparte cursos de artesanía popular gallega'. Ribeira Sacra (revista), No.44. Abeleda Editions, Galicia. 2007. Artesanía Viva, en Casa Nova (Revista de Arquitectura e Interiorismo). 2007. Anna Champeney inaugura o seu taller textil tradicional de felpa galega. Boletin de Información Municipal, A Teixeira, Inverno 2007/8. 2007-2008. 'Galicia por el Mundo'. Televisión Galega. 2007. Artesáns e Artistas confraternizan en Allariz. La Región 2007. Anna Champeney Taller Textil. La Voz de Galicia Suplemento promocional. 2003. De Norwich a Cristosende para texer. La Voz de Galicia.
 
EDUCACIÓN E APRENDIZAXE TEXTIL
2009. Curso: Deseño para Artesáns, Escola Massana, Barcelona. 2003. Iniciación a Felpa Gallega con Elmerinda Espín. Texedora Tradicional, Os Ancares (Lugo). 2000-2002. Cursos de telar e hilado artesanal no Reino Unido e España. 2000. Tecido artesanal, Luke Atkinson, Reino Unido. 2000. Tecido artesanal, Elizabeth Salgado, Galicia. 2001. Tecido artesanal e hilado artesanal, Jenny Rose, Reino Unido. 2001. Deseño e análise textil, Francisca Pellissa, Barcelona, Catalunya. 2002. Tecido artesanal, TEAR, Vilariño de Conso, Galicia.
 
ESTUDIOS ETNOGRÁFICOS DE ARTESANÍA
2007. The Mantón Project (Investigación do Mantón Gallego, Ourense) 2000-2006. Investigación e experimentación práctica do emprego de líques e outras plantas tintóreas da Ribeira Sacra. 2003. Felpa Galega. 1996. As colchas de Galicia. 1995. Os Ancares Project (Artesanía Popular). 1993. Tese, MA, Caso de estudio: Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela. 1989. Etnol. arqueoloxía no noroeste de España Os Ancares), Tese Universitaria.
 
ARTIGOS, TÉSES E CATÁLOGOS ESCRITOS POR ANNA CHAMPENEY
2009. Tecidos Divertidos: Fulares tecidos en Repaso Novo (artigo en inglés “Fun With Floats: Crinkle Scarves with Classic Overshot”). Journal for Weavers, Spinners and Dyers, Reino Unido. 2007. Journal for Weavers, Spinners and Dyers, Reino Unido. 2007. Tintes Naturais de Líques en España (Spanish Lichen Dyeing), en inglés. Journal for Weavers, Spinners and Dyers, Reino Unido 2007. Tradición + Innovación: Tiempos Interesantes para a Artesanía na Ribeira Sacra. Revista Ribeira Sacra. 2007. The Manton Project. Proxecto independiente de investigación etnográfica do tecido galego, con beca de estudo do Anglo Spanish Society, Londres. 2005-6. Felpa Galega I + II. Journal for Weavers, Spinners and Dyers, Reino Unido. 2006. “Greenwood Basketry (Cestería de madeira verde) from Northern Spain”. Bodger´s Gazette. 2005. A Poesía de Emilio Araúxo (Ribeira Sacra). Anglo Spanish Society Quarterly Review. 2005. Mobles de Mimbre de Salamanca. Basket Makers´ Association. 2003. “Food Festivals in Galicia”. Anglo Spanish Society Quarterly Review. 2001-2. “Letter from Galicia”. Anglo Spanish Society Quarterly Review 2001. Ikons of Identity - changing expressions in modern masks (catálogo da exposición do mesmo nome). Craftspace Touring. 2001. The new alchemists. Recycled Craft. Resurgence Magazine. 1999. Made In The Middle (catálogo da exposición do mesmo nome). Craftspace Touring. 1998. The Last Textiles of Old Europe?. Journal for Weavers, Spinners and Dyers. 1996. As Colchas de Galicia. Tese. 1995-96. Ethnography in North-West spain. Peasant Crafts in Galicia. Present and Future. Folk Life Journal. 1995. The Os Ancares Project. Tese. 1995. Teapotmania - The Story of the British Craft Teapot and Teacosy (catálogo da exposición do mesmo nome). Norfolk Museums Service.
 
CARRERA ACADÉMICA (seleccionadas)
1993. MA. Museum Studies (Museoloxía), Universidade de Leicester (Sobresaínte), Reino Unido. 1990. BA Hons. Historia Antigua, latin, arqueoloxía, Universidade de Bristol, Reino Unido.
 
BECAS Y PREMIOS (seleccionados)
2007. Beca de Estudio para a realización do Proxecto de Investigación sobre o mantón galego, Anglo Spanish Society, Londres. 2004. Beca de Estudios para a Recuperación de Oficios Artesanais en Peligro de Extinción. A Felpa Galega, Centro de Artesanía e Derseño de Lugo e INLUDES. 1996. Premio Santa Cruz, para o mellor artigo escrito para a revista “Anglo Spanish Society Quarterly”. 1996. Beca de Estudios, Fundación Vicente Cañada Blanche, Reino Unido (para “As Colchas de Galicia”). 1996. Beca de estudios, London Electricity, (para “As Colchas de Galicia”). 1995. Beca de estudios, Fundación Vicente Cañada Blanche, Reino Unido (para investigación de 7 meses en Galicia sobre a artesanía popular en Galicia durante o século vinte).
 
EMPREGO (seleccionado)
2005. Texedora e Tintoreira Autónoma. Deseño e elaboración de texidos artesanais, naturais, contemporáneos e tradicionais con tintes naturais. Investigación textil, marketing e promoción, cursillos con grupos pequenos. Taller Artesanal inscrito no Rexistro de Artesanía 640. 1997-2000. Organizadora de exposicións, Craftspace Touring, Birmingham, West Midlands, Reino Unido. Responsabilidade total para iniciación, organización e investigación de exposicións innovadoras xiratorias de artesanía contemporánea do Reino Unido. Xestión de becas e subvencións, iniciación de colaboracións con unha gama de organizacións incluíndo The British Council e Birmingham Museum and Art Gallery. Responsabilidade de programas de educación, promoción... 1994-95. Museum Assistant (Departamento de Arte Decorativa). Castle Museum, Norwich, Reino Unido. Investigación e administración da exposición “Teapotmania”, teteiras artesanais de cerámica realizados por ceramistas contemporáneos do Reino Unido. 1994. Museum Assistant. Horniman Museum, Londres, Reino Unido. Investigación realizada para a exposición “Trek Record” sobre O Camiño de Santiago con Mike Houlihan, director do museo.
 
ORGANIZACIÓN DE EXPOSICIÓNS DE ARTESANÍA CONTEMPORANEA
2001. Ikons of Identity. A máscara en moda e arte contemporáneo. Reino Unido. 1999. Reclaimed. Artesanía reciclada do Reino Unido. Egipto, Australia. 1999. Made In The Middle. Artesanía contemporánea de The West Midlands, Reino Unido. 8 museos e galerías dos West Midlands, Reino Unido. 1998. Craft Lives. Artesanía Popular de Galicia. Museum of English Rural Life, Reading, Reino Unido. 1998. Reclaimed, Acclaimed. Artesanía Reciclada. Varios museos e galerías do Reino Unido. 1993. Trek Record. O Camiño de Santiago. Horniman Museum, Londres, Reino Unido.
 
ORGANIZACIÓN DE INTERCAMBIOS E CURSOS INTERNACIONAIS DE ARTESÁNS
2010. Curso de “Materiais Máxicos” con Lotte Dalgaard, Mestra Texedora Danesa, para texedores profesionais. 2009. Curso Internacional: Internet para Artesáns (en Anna Champeney Estudio Textil), con Robin Wood (torneiro Inglés) entre outros docentes internacionais. Subvencionado polo Ministerio de Industria e Comercio / Fundación Galega de Artesanía e Deseño 1998. Organizadora, Tradutora e Guia para Jeremy Atkinson, zoqueiro inglés, durante unha investigación das zocas en Galicia (Winston Churchill Fellowship). 1998. Organización dunha visita-demonstración da zoqueira María Ferro, Lalín, en Museo de Rural Life, Reading, Reino Unido. 1996. Iniciación e organización para unha visita cultural por Owen Jones, cesteiro, e Octavia Kenny (Museo de Rural Life, Reading) a Mondariz para visitar a José Rivas, mestre cesteiro da zona.
 
CHARLAS SOBRE ARTESANÍA
Impartiu charlas sobre artesanía tradicional galega, artesanía contemporánea británica e o texido popular galego, dende 1989 a moitos grupos e en moitos lugares como: Felpa Galega: ¿Patrimonio? ¿Reliquias? ou ¿Inspiración Artística? (parte do curso textil: Felpa Galega) subvencionado polo Ministerio de Industria e Comercio. A vida tradicional rural de Galicia. Horniman Museum (Londres, Reino Unido). A artesanía tradicional de Galicia. Norwich Castle Museum (Norwich, Reino Unido) Artesanía Contemporánea Britanica. Universidad de Coventry (Coventry, Reino Unido). Felpa Gallega. University de Falmouth (Cornwall, Reino Unido). Artesanía (zocas) de Galicia. Worshipful Company of Pattenmakers (Londres). Artesanía Popular de Galicia. Anglo-Spanish Society (Londres, Reino Unido).

Galerías

Galería
  • Artesanía