Francisco José López Pérez (Pancho Castelo) naceu o 12 de xaneiro de 1971.
CURRÍCULO ARTISTICO
Formación e aprendizaxe de alta xoiería no taller da prestixiosa xoiería Candame (A Coruña, 90-94) Investigación sobre a talla en pizarra e outros...
Engroba, Luis
General
Luis Engroba naceu en Pastoriza (Lugo) en 1964.
De moi novo trasládase definitivamente á capital, onde vive na actualidade.
Empeza a toma-la fotografía en serio sobre o ano 1987, cando compra a súa primeira cámara reflex e empeza a positivar as súas propias fotografías en branco e negro, nun improvisado laboratorio na trasteiro da casa.
Máis adiante entra a formar parte do grupo fotográfico Fonmiñá, onde coñece a outros fotógrafos da cidade e cambia impresións e coñecementos.
A súa obra participou en múltiples exposicións, colaborado en distintas publicacións e tamén ten recibido diversos premios.
O tema que sobresae principalmente nos seus traballos é a paisaxe artística en tódalas súas modalidades (naturaleza, urbano, xentes, viaxes, etc…), onde o autor mostra a súa particular forma de ver e entende-la fotografía.
As escenas que máis lle atraen suelen ser moi simples, con moi poucos elementos, onde a cor e a composición son a súa principal forza expresiva.