Lourdes naceu o 11 de febreiro de 1969 en Durango (Vizcaya).
FORMACIÓN
Licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco, 1992. “II Minicurso de activación da creatividade” da Universidade de Santiago 1998....
Loli Regueira
General

Loli Regueira é Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Especializouse nun postgrao en dirección de arte publicitaria e é unha artista plástica activa onde as haxa. Realiza exposicións habitualmente para amosar o seu traballo.
En tempo libre e por amor ao arte, xestiona o blogue www.artebarbanza.com, unha plataforma aberta para a difusión e dinamización do arte na comarca do Barbanza e os seus arredores. Comisariou a primeira exposición de novos artistas nados nos 80 "Arte Barbanza 1980" para o Auditorio Municipal de Ribeira en 2012. Ademais, colabora coa Tenda-Galería O Faiado en proxectos expositivos para o mesmo espazo. É membro activo do colectivo Creaturas forxado en Boiro e para o que diseña xunto a Pascual Vidal e María Magán a primeira edición de "Artists Upstairs- Conversacións sobre a creacións e os seus motores" que ten lugar no Centro Social de Boiro en outubro de 2013.