Crítica
Cabuxa leva anos desenvolvendo unha técnica verdadeiramente revolucionaria na produción artesanal do coiro. O resultado desta investigación é o proxecto 'Arte na Pel' que consiste en reproducir nas súas pezas obras de arte mediante unha técnica artesanal que as fai absolutamente indelebles.
A tinta penetra na pel como unha tatuaxe, con uns resultados excepcionais que lle permiten a este taller de Tui reproducir obras de arte sobre obxectos de uso cotiá mantendo o tacto e a calidez das pezas artesanais.
----------------------------------------------------------------------------------------
O proxecto de colaboración con novos creativos galegos (pintores, ilustradores, grafiteiros, poetas, escritores, fotógrafos...) nace a partires da nosa propia técnica de estampación sobre pel, co fin, de que as nosas pezas falen e comuniquen, non só polos deseños actuais, senon tamén polas ilustracións que as adornan.
Pensamos nos mozos porque eles se expresan en tempo real, falan cos seus trazos de hoxe, do que viven, do que sinten e incluso do que imaxinan. A partires desta idea puxémonos en contacto con escolas de Belas Artes de Galicia co fin de contactar con estudiantes de diferentes estilos. E a resposta foi inmediata.
O resultado final é que todas as ilustracións das pezas van firmadas polo autor/a e á vez as pezas levan as etiquetas correspondentes explicando quen é o ilustrador.