Ver listado de empresas que comienzan con la letra "
GALERÍAS 
Arquitectura 
Artesanía 
Deseño Gráfico 
Deseño Moda 
Escultura 
Esmalte 
Fotografía 
Gravado 
Ilustración 
Multimedia 
Pintura 
LITERATURA 
Biblioteca dixital 
Letras Galegas 
Língua e literatura 
DIRECTORIO 
Artesanía 
Danza 
Fundacións e patronatos 
Museos 
Música 
Salas /expo. 
Teatro 
Tradicións  
Xunta 
CONCURSOS 
Concursos e premios 
ENLACES 
Asociacións 
Comunicación 

 ALTA DE ARTISTA   ACTOS   FOROS   INICIO   CONTACTO 
  [VOLVER
Madrid acoge una exposición de cornamusas ibéricas que por primera vez salen del Museo de Gaitas de Ourense  
Cornamusas Ibéricas e Iconografía da Gaita es el título de la exposición que se exhibe en la Casa de Galicia en Madrid y que se compone de doce gaitas de otras tantas zonas de la península que habitualmente se custodian en el Museo Internacional de Cornamusas de la Diputación de Ourense.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia: A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia inaugurou unha mostra de cornamusas ibéricas composta por doce gaitas correspondentes a outras tantas zonas xeográficas da península procedentes do Museo Internacional de Cornamusas da Deputación Provincial de Ourense, “santuario” da gaita do que saen por primeira vez, acompañadas por outra de iconografías deste instrumento desde o século IX. Pode verse ata o día 28 de febreiro. Na presentación participaron o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia, Francisco López, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega e o director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Lois Foxo, estudoso e especialista na materia. Francisco López , a quen segundo Foxo débese a iniciativa de mostrar estes instrumentos fora do Museo que os alberga, expresou a confianza plena da Xunta de Galicia na potencia da música e da cultura galega “para saír ao exterior limpamente”, alcanzar espazos de alianza e facelo “mantendo a nosa identidade”. O director xeral considerou a exposición, enmarcada no espírito do Xacobeo 2010, como unha das moitas perspectivas que pode ter “o son que mellor nos identifica” e unha ocasión para ver “un pouco máis do que nos une con outros pobos e o que temos para ofrecer desde a nosa personalidade , pois falamos do noso instrumento máis representativo”. Situou o evento na “celebración do encontro, na apertura de outras formas de ver a realidade e de puntos de entendementos comúns a partir de experiencias completamente distintas”. José Ramón Ónega, que tamén aportou datos históricos sobre o instrumento, recoñeceu á gaita como elemento fundamental na música tradicional galega e resaltou a oportunidade única que ofrece a Delegación en Madrid de contemplar as pezas que compoñen unha exposición que cualificou de magnífica. Xosé Lois Foxo explicou que as doce cornamusas- vocábulo de orixe latino, o máis universal para referirse ás gaitas, que engloba todas as súas variantes- “foron seleccionadas de entre o centenar de instrumentos que compoñen o Museo, representando a outras tantas rexións ou culturas musicais da península, entre as que se atopan zonas tan dispares como Baleares, Zamora e Portugal, o que amplía a presenza do instrumento a lugares aos que non se asocia habitualmente”. O director e fundador da Real Banda de Gaitas de Ourense sinalou que tamén “hai referencias de gaitas en zonas de Rusia, norte de Europa e norte de África, pois Galicia irradiou a súa cultura a través do Camiño de Santiago, que expandiu este instrumento”. Xosé Lois Foxo fixo un detallado percorrido pola historia do instrumento a través de representacións do mesmo, en papel e en pedra, ao longo dos séculos.

R.
2010-02-03

 
OTRAS NOTICIAS
Los muebles para la biblioteca de la Cidade da Cultura serán adjudicados por un 20% menos
La Xunta reivindica en Ginebra el Camino como espacio de diálogo y de intercambio cultural
El espectáculo Life is a paripé, de Obras Públicas, abre la temporada en el Salón Teatro de Compostela
Xacobeo 2010: más de 300 personas se encargan de la seguridad del MTV que prevé congregar a 25.000 personas en el Monte do Gozo
El espectáculo Camiños en danza, del Centro Coreográfico Galego, entra en su recta final con cuatro actuaciones en septiembre
Xacobeo 2010: Carlos Núñez, la Sinfónica de Galicia y The Chieftains actúan el 11 de septiembre en Santiago de Compostela
Xacobeo 2010: Arcade Fire, Echo and The Bunnymen, The Temper Trap y Cornelius 1960 componen el cartel del Festival MTV Galicia
Arrancan dos rodajes en Galicia: la nueva serie de Telecinco, Piratas, y la película de Pedro Almodóvar, La piel que habito
La Royal Liverpool Philarmonic estrena en Compostela su primera ópera en España: Parsifal
El 65% de los gallegos asiste a las verbenas protagonizadas por orquestas, aventajando al cine como hábito cultural
 

 

Museos | Pintura | Escultura | Gravado | Letras Galegas | Fotografía | Comunicación
Teatro | Música | Danza | Artesanía | Tradicións  | Língua e literatura | Xunta
Fundacións e patronatos | Asociacións | Deseño Gráfico | Biblioteca dixital | Salas /expo. | Concursos e premios | Ilustración
Artesanía | Multimedia | Arquitectura | Esmalte | Deseño Moda | 
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados